O xoves 18 de marzo, na compostelana sala Capitol, María Xosé Silvar e a súa banda presentarán en directo o seu novo traballo: Sés, unha banda de rock que promete pegar forte na música galega e que chega da man da nova produtora audiovisual, AiraPro.
O próximo sábado, a partir das 21.30 horas, María Xosé Silvar participará no programa de humor Land Rober para presentar o seu novo proxecto musical, Sés. Estará acompañada dos seus ‘padriños’, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, un dos colaboradores do programa.
Chat con Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro o xoves
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os actores que cada venres encarnan en Luar a Nucha e Mucha, as famosas Cantareiras de Ardebullo, participarán este xoves ás 11 da mañá nun encontro dixital cos internautas de www.laopinioncoruna.es. Envía a túa pregunta aquí!
Entre o 27 de marzo e o 3 de abril, a mellor banda-tributo aos Dire Straits bótase á estrada para dar catro concertos memorables nas mellores salas de Ponferrada, Bilbao, Tudela e Gijón.