logotipo
| escola de artes
 


linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais

A Escola de Artes de Ardebullo é un foro de cursos e obradoiros de teatro, baile, música, exercicios e moitas outras cousas para nenos e maiores. As clases, apadriñadas por Nucha e Mucha, abarcan todas as disciplinas, desde o teatro aos malabares, da música á ximnasia.
Polo momento, os cursos impártense nas instalacións de AiraPro en Carral (A Coruña), pero poderían trasladarse a outros lugares, porque a Escola de Artes de Ardebullo non ten límites!

CURSO 2010-2011
A PARTIR DE OUTUBRO
Infórmate no 981670311, en info@airapro.com, ou nas oficinas de AiraPro en Carral (Paraíso, 15 baixo)

Os horarios son orientativos, confirmaranse en función da dispoñibilidade de alumnos e profesor Matrícula para novos alumnos: 30€ Os antigos alumnos (imprescindible ter pagadas todas as mensualidades do ano anterior) poderán reservar praza cun pago de 30€ que se lles descontará da primeira mensualidade O prazo para matricularse ou facer a reserva de praza remata o 24 de setembro Descontos do 10% a irmáns e a antigos alumnos que traian novos socios Os pagos das cotas realizaranse a mes vencido a primeira semana de cada mes Os cursos que non teñan un mínimo de alumnos para outubro comezarán cando se completen Os cursos impartiranse nas instalacións de AiraPro en Carral: r/Paraíso, nº15, baixo

PILATES

Horario: Luns e mércores de 21:30 a 22:30Duración: 2 hs semanaisPrezo: 45€/mes  O curso: Método  de reeducación postural que se centra no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna, polo que tamén é usado como complemento en rehabilitacións. Indicado para todas as idades e todo tipo de persoas, desde os que levan unha vida máis sedentaria aos deportistasBeneficios: Aumento da resistencia e da forza física e mental Alivio das dores de espalda máis comúns (lumbalxias, dores cervicais, contraturas, dores musculares…) Mellora da elasticidade, o equilibrio e a mobilidade articular Corrixe a postura, creando músculos máis longos e estables Tonificación xeralizada do corpo Fortalecemento do solo pélvico (moi importante na prevención de perdas de orina, problemas de próstata....)

TEATRO
INFANTIL E ADULTOS

Horario adultos: Xoves de 20:30 a 22:30 Horario nenos (até 14 anos): Sábados de 11 a 13 Prezo: 40€/mes O curso: O curso pretende potenciar a actividade teatral desde os eixos da comedia (a busca de característicos/personaxes-tipo, o ridículo, a procura do gag,  os xogos de palabras, a repetición, o ritmo, o enredo,…). Os alumnos buscarán a súa propia imaxe cómica (axudados por elementos de caracterización e maquillaxe), as posibilidades humorísticas de cada un (capacidade física e vocal), así como a exposición periódica de pequenas escenas onde se amose a aprendizaxe, apoiados en técnicas coma o clown, a comedia da arte, o bufón,  así coma dos legados de grandes comediantes da historia Programa (grupo adultos): Desinhibición, xogo, confianza, caracterización de personaxes Investigación da propia imaxe, clown, máscara… Comedia da arte e grandes comicos da historia

RELAXACIÓN
E MEDITACIÓN

Horario: Luns e mércores de 20 a 21:30 Duración: 1,5h semanais Prezo: 45€/mes   Relaxación: É un estado de consciencia no que os músculos do corpo están en reposo. As técnicas de relaxación que inclúen visualización son das máis efectivas e agradables, non requiren case esforzo e usan a imaxinación para atoparse con enerxías renovadas cada día Meditación: É un exercicio intelectual de recollemento interior, un estado de concentración sobre a realidade do momento presente; a mente disólvese e é libre dos seus propios pensamentos, conseguindo focalizar a mente nun único obxecto de percepción, como por exemplo a respiración ou unha recitación de palabras constante Beneficios: Mellorar a concentración, a memoria e a intelixencia emocional Alivio do estrés Aumento do nivel de conciencia Maior nivel de reposo, descanso máis profundo Máis resistencia fronte ás enfermidades Equilibrio na tensión arterial Mellor osixenación Aumento da enerxía, a vitalidade e os pensamentos positivos Mellor recuperación dos esforzos

INICIACIÓN
Á FOTOGRAFÍA

Horario preferente: Mércores de 20:30 a 22:30h Duración: 2 hs semanais Prezo: 30€/mes. Programa: Fundamentos básicos da fotografía • As cámaras dixitais: coñece a túa a fondo Saídas prácticas co profesor Descarga, organización e visualización das imaxes Procesamento do formato RAW Retoque dixital e presentación Manexo de accesorios (flashes, filtros, iluminación de estudo, etc.)

BAILE

Horario: Martes de 20:30 a 22:00 Duración: 1,5 horas semanais Prezo: 22€/mes Programa: Merengue Salsa Cha cha chá Rumba lenta-Bolero Bachata PasodobleVals vienés Tango

MÚSICA

CLASES INDIVIDUAIS
DE INSTRUMENTO

Horario: Segundo dispoñibilidade Duración: 1 hora semanal Prezo: 100€/mes   Instrumentos: Batería, Saxo, Percusión, Trompeta, Baixo Eléctrico, Guitarra, Piano/Teclados, Canto, Gaita, Percusión Tradicional, Acordeón, clarinete, Canto Moderno, Trompeta, Trombón, etc.   Programa: Todos os niveis: desde iniciación até perfeccionamento Programación especfícia para probas de acceso a conservatorios, para graos elemental, medio e superior

CLASES COLECTIVAS
GRUPOS REDUCIDOS

TEORÍA E LINGUAXE MUSICAL
Horario:
Por dispoñibilidade Duración: 45min. semanais Prezo: 30€/mes   Programa: Harmonía, linguaxe musical, arranxos Todos os niveis Estudo probas de acceso
COMBOS
Horario: Segundo dispoñibilidade Duración: 1h. semanal Prezo: 35€/mes Programa: Pequenos grupos para aprender a tocar en conxunto Modalidades: Música moderna (batería, baixo, tecla-dos, voz, metais…) Música clásica (instrumentos sinfónicos) Música tradicional (gaita, pan-deireta, tamboril, bombo)

CLASES PARA NENOS

Idade: De 4 a 6 anos Horario: Segundo dispoñibilidade Duración: 1h semanal Prezo: 30€/mes   Programa: Iniciación musical Música en movemento   Coordinación e entoación Contacto cos instrumentos

CLASES COLECTIVAS

Horario: Venres pola tarde Duración: 1,5h semanal Prezo: 40€/mes   Programa: Tra-ballo con percusións latina, africana, flamenca, etc. Técnica de mans e golpeo Indepen-dencia/dependencia: Coordinación das mans Pulso: Tempo/ritmo Traballo en grupo

Ofertas Música: Instrumento (clase individiual) + Teoría e linguaxe: 120€/mes
Instrumento + Combo: 125€/mes Instrumento + Teoría e linguaxe + Combo: 145€/mes

+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto