02
XULLO |
| Os concertos de Querostar, na Sala... e na rede |
Entre o próximo xoves e o 26 de agosto, tocarán na Sala The Star os oito grupos seleccionados
na primeira fase do certame. Todas as actuacións se retransmitirán en directo en querostar.com |
Despois da primeira fase na que os internautas puideron escoller libremente aos seus grupos favoritos entre as 70 formacións que se inscribiron no certame, chega a hora da verdade para as oito bandas seleccionadas: Super F (pop-rock, As Pontes, 8 de xullo), Pito de Pikasso (pun-ró, Compostela, 15 de agosto), Skarallaos (punk-ska-reggae, Culleredo, 22 de xullo), Alterazión del Orden (punk-rock, Melide, 29 de xullo), Chotokoeu (fusión, A Coruña, 5 de agosto), La Senda de Afra (pop-rock, Oleiros, 12 de agosto), Esterko (punk-rock, Carral, 19 de agosto) e Maghúa (música de raigame, A Coruña, 26 de agosto).
A partir do próximo xoves e até finais de agosto, estes oito grupos terán que enfrentarse ao veredicto do seu público: os asistentes aos concertos recibirán coa entrada unha papeleta na que poderán puntuar de 1 a 5 a actuación nunhas furnas que se repartirán pola Sala ao remate da mesma. Da nota media do público e dun xurado independente sairán os tres finalistas de QUEROSTAR, as tres bandas que volverán tocar xuntas nun festival en setembro e que se repartirán os premios de 1.000, 500 e 300 euros do certame.
|
 |
Ademais de pola opinión popular, QUEROSTAR tamén aposta polas tecnoloxías. Por iso, os oito concertos do QUEROSTAR serán retransmitidos en directo, con audio e vídeo, a través da páxina www.querostar.com. Unha novidade que, ademais, tamén leva premio: o grupo que reciba máis comentarios no facebook de Querostar En Directo (co texto “#nomedogrupo#”) durante a retransmisión poderá tocar de novo na Sala The Star durante a programación 2010-2011. Os comentarios reproduciranse nunha pantalla na Sala durante o concerto.
|
|
| artistas |
 |
|