logotipo
| actualidade
linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
19
XULLO
José Somoza Big Band estrea o seu tributo ao swing
O nova formación do trompetista coruñés, unha auténtica big band con 21 músicos, inclúe temas clásicos de Frank Sinatra ou Nat King Cole, un espectáculo que irá ao 18 de xullo en Mugardos

Música de calidade, en directo, interpretada por músicos profesionais e cun repertorio cheo de clásicos do swing, o jazz e a música lixeira. Así é a Jose Somoza Big Band, unha auténtica big-band galega que este domingo estreou o seu novo espectáculo, Tribute to The Swing. Foi na localidade coruñesa de Mugardos, o domingo 18 de xullo, a partir das 21.00 horas. O público puido desfrutar de clásicos como Cheek to Cheek, Mack The Knife ou A Foggy Day, interpretadas no seu día polos grandes, como Frank Sinatra, Ella Fitzgerald ou Nat King Cole. Temas universais arranxados por Jose Somoza para unha formación de 21 músicos encabezados polo poderío do metal: cinco trompetas (Hansel Luis Diez, Moncho Cés, Fernando Gonzalez, Victor Ruano e Luis Fernando Peña) , cinco saxos (Victor Sanchez, Marcel Chirilov, José Rodríguez, David Paz e Pedro Lamas) e cinco trombóns (Carlos Figueira, Diego Rodríguez, Grigore Buftea, Yaleydi Cardero e Fernado Froján), ademais da sección rítmica (Iago Román ao piano, Alfonso Calvo ao contrabaixo, Tito Calviño na guitarra e Miguel Queixas á batería) e os dous vocalistas, Carmen Rey e Daniel Díez.
Tribute to The Swing é o novo proxecto do trompetista coruñés Jose Somoza, un dos músicos que máis viviron e mellor coñecen as bandas galegas dos últimos anos, desde a época dourada das grandes orquestras como Los Satélites (da que foi director musical) até formacións de jazz como a mítica Jazz Filloa ou a banda do seu mestre, o chileno Willy Marambio.
REPERTORIO:
Arranxos Vocais
A foggy day – (George Gerhwin)
Mack the Knife – (Kurt Weill)
Alright, okay you win – (Sid Wyche/Mayme Watts)
What a difference a day – (María Grever)
I won’t dance – (Jerome Kern)
A tisket a tasket – (Ella Fitzgerald/Al Feldman)
Black coffee – (Paul Francis Webster/Sonny Burke)
Can’t buy me love – (Lennon/McCartney)
Cheek to cheek – (Irving Berlin)
Crazy little thing called love – (Freddie Mercury)
L-o-v-e – (Bert Kaempfert/Milt Gabler)
S’ Wonderful – (George Gerhwin)
Teach me tonight – (Gene DePaul)
I’ve got the world a string – (Harold Arlen)
Sway – (Pablo Beltrán Ruiz)
Arranxos instrumentais
For Lena and Lenny – (Quincy Jones)
Hard sock dance – (Quincy Jones/Ernest Bailey)
Big dipper – (Thad Jones)
Jazz police – (Gordon Goodwin)
High maintenance – (Gordon Goodwin)
Sing, sang, sung – (Gordon Goodwin)

artistas
logos_redes






+ calendario

+ airapro.info

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player



+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto