logotipo
| actualidade
linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
23
XULLO
Sés gaña o Apologhit 2010 con 'Tola atrás de toi'
O xurado do certame que cada ano escolle a canción do verán destaca a calidade e a orixinalidade
da peza, un blues en galego composto por María Xosé Silvar

"Non quero disimular, xa sabes, rei, que ando... tola atrás de ti" Con este descaro Sés acaba de converterse no grupo gañador do Apologhit 2010, o concurso musical que cada ano escolle a canción do verán. O xurado do certame organizado por Vieiros elixiu a canción Tola atrás de ti, un blues composto por María Xosé Silvar e incluído na maqueta de Sés, como o ghit estivaleiro de 2010.
A xente de Apologhit destacou a calidade e orixinalidade da canción, a brutal interpretación vocal de María Xosé e das tres coristas, os arranxos instrumentais, o son profesional da gravación... O xurado de Apologhit 2010 formábano catro figuras destacadas da cultura galega popular: o emblemático Xil Ríos, que exerceu de padriño; a cantante Uxía Pedreira, líder de Marful; Roxelio García, creador da web Festa a festa e o gurú tecnolóxico Uxío Broullón, pai do podcast Cmmons baby!
Pero Tola atrás de ti non só foi valorada polo xurado, senón que tamén foi unha das pezas máis votadas polos internautas de Vieiros, que durante varias semanas puideron puntuar os seus temas favoritos. Entre as máis de 30 cancións presentadas, o blues de Sés foi, semana tras semana, unha das cancións con máis éxito nesta elección popular, independente da do xurado.
Sés súmase así á exclusiva récola de músicos que poden presumir de ter composto unha canción do verán e de que Apologhit llelo acredite: No 2006, na primeira edición do concurso, o ghit gañador foi In the ocean, de Pulpiño Viascon; seguiulle o Biocultivos de Sacha na Horta en 2007; un ano despois, a canción do verán foi Planeta 19, do grupo Boy Elliot, e en 2009 o tema gañador foi O fillo do mar, da Banda de Balbina.
Sobre Sés e María Xosé Silvar
Logo do seu exitoso camiño con Chámalle Xis! (unha das bandas gañadoras do AcoruñaSon 2008, coa mención especial de Santiago Auserón) en 2010 María Xosé Silvar volve aos escenarios con Sés, coa súa impoñente voz e rodeada dunha banda cun son big-band americano e unha formación profesional únicos na escena musical galega: sección de metais (dous saxos e trompeta), tres coristas, teclado... Sés é unha banda de 11 músicos liderada por María Xosé Silvar, ex cantante de Chámalle Xis!. Entre os músicos que completan Sés hai grandísimos profesionais, como Tito Calviño na guitarra, Miguel Queixas á batería, David Paz no saxofón (responsable, ademais, dos arranxos e a produción musical de Sés), Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Christian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros. Sés está producido por AiraPro, a produtora audiovisual creada en Carral polos actores coruñeses Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, entre outros.
www.mariaxosesilvar.com

artistas
logos_redes






+ calendario

+ airapro.info

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player



+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto